miércoles, 23 de diciembre de 2009

UN TRAXE ESPECIAL. REPRESENTACIÓN TEATRAL DE 6º DE PRIMARIA

Este ano a Biblioteca convertiuse en Auditorio, en Salón Teatro, nun recuncho onde todas e todos poidemos disfrutar de música, teatro, actuacións dos alumnos e alumnas cunha profesionalidade que para sí quixeran moitas actrices e actores jejeje. Para mostra, os vídeos que podedes ver coa representación completa das alumnas e alumnos de 6º de primaria.

Non podemos esquecer a todas e todos os nenos e nenas que participaron no festival.Xeniais!, Xeniais!, Xeniais!!!! E agora toca ver o teatro. Pasádeo ben.

Parabéns para a directora da obra. Sobresainte para a profe de 6º.







Xa o vin catro veces e non me canso jejeje

Boas lecturas

jueves, 17 de diciembre de 2009

FELICITACIÓN NADAL

A coordinadora das TIC (a profe Tati),envíanos esta fermosa felicitación de Nadal.




Moitas grazas, profe Tati, quedou xenial!

Boa noite e boas lecturas

sábado, 5 de diciembre de 2009

CONCERTOS NA BIBLIOTECA

Esta semana a Biblioteca do cole encheuse dun arrecendo especial; o arrecendo de notas musicais espallándose por todos os recunchos. Un rebulir de ritmo e melodía que se ía introducindo en todos os espacios da nosa Biblio. Ata a choiva, que nos acompañou durante estes días, semellaba bágoas de ledicia ao escoitar as melodiosas notas dos compases cos que nos deleitaron os intérpretes a todas e todos os que asistimos aos concertos.

Aquí deixo unha pequena presentación de todo o que aconteceu esta semana.





Moitas grazas por participar e polos bos momentos que nos fixestes pasar.

Continuará...

domingo, 29 de noviembre de 2009

O MAGOSTO

Houbo de todo: xogos, castañas, doces, campeonatos, risas, ledicia e moi bo ambiente. Só teño unha dúbida: na proba de forza entre profes e alumnos/as, quen gañou? Uns din que os profes, outros que os alumnos/as, para min que foi empate. Vós que credes?

Aquí deixo unha mostra do ben que o pasamos ese día.



Agora a preparar os exames e xa pensaremos no vindeiro magosto para que sexa tan bo coma este. E que non chova, para poder facer todos os xogos no patio.

Apertas

viernes, 20 de noviembre de 2009

II CONCURSO DE DOCES

Hoxe celebramos o tan esperado magosto. Houbo de todo, xogos, competicións, castañas e tamén os doces que con tanto agarimo fixeron os nosos nenos e nenas (coido que algúns recibiron unha valiosa axuda das súas nais e pais shisss, non llo digades a ninguén).

O CONCURSO DE DOCES tivo moito éxito e para o xurado foi moi difícil decidirse porque todas as sobremesas estaban para chuparse os dedos. Despois de moito saborear o xurado chegou á conclusión de que todas merecían o premio pero como había que puntuar ao final esta foi a súa decisión:

PRIMEIRO PREMIO: "pudin de pan con noces" de Yeray e Aimar Díaz Peña (2º e 1º)


SEGUNDO PREMIO: "tarta de chocolate con noces" de Brais García Pol (5º).


TERCEIRO PREMIO: "madalenas de noces" de Xabier Crespo (1º).





Mellor presentación: " tronco de castañas con baño de chocolate" de Elena e Pablo González López (6º de infantil e 3º).



Ravertiña quere agradecer a todas as nais e pais, nenos e nenas do cole a súa colaboración e sobre todo ese sabor tan doce que quedou na biblioteca e no pavillón, e que estou segura de que tardará moito en esvarecer. E xa imos polo II concurso, caramba! Como pasa o tempo! Dentro de nada a celebrar o III, xa me tarda...Que rico estaba todo!!!

domingo, 15 de noviembre de 2009

El Mundo del Revés - María Elena Walsh

Por primeira vez editáronse as cancións de María Elena Walsh animadas en 3D interpretadas por Katie Viqueira. Esta é a versión animada do inesquecible Reino do Revés.



EL REINO DEL REVÉS

Me dijeron que en el Reino del Revés
nada el pájaro y vuela el pez,
que los gatos no hacen miau y dicen yes
porque estudian mucho inglés.

Me dijeron que en el Reino del Revés
nadie baila con los pies,
que un ladrón es vigilante y otro es juez
y que dos y dos son tres.

Me dijeron que en el Reino del Revés
cabe un oso en una nuez,
que usan barbas y bigotes los bebés
y que un año dura un mes.

Me dijeron que en el Reino del Revés
hay un perro pekinés
que se cae para arriba y una vez
no pudo bajar después.

Me dijeron que en el Reino del Revés
un señor llamado Andrés
tiene 1.530 chimpancés
que si miras no los ves.

Me dijeron que en el Reino del Revés
una araña y un ciempies
van montados al palacio del marqués
en caballos de ajedrez.

Vamos a ver como es
el Reino del Revés.

jueves, 12 de noviembre de 2009

Os soños na gaiola

Os soños na gaiola é un fermosísimo libro do poeta, narrador e dramaturgo Manuel María, que percorre todo o mundo infantil galego. Poemas esenciais para acompañar no descubrimento do mundo, desde a natureza e a paisaxe ata os animais, as persoas e mismo as cousas que elas fabrican.

Suso Vaamonde canta algúns deses poemas. Espero que vos gusten tanto coma a min.

O RÍO



O MEU BARCO


O SOL



Lembrade que podedes atopar estes e outros poemas no andel de poesía.

Boa noite

martes, 10 de noviembre de 2009

Tempo de poesía

Entre o terrorífico Samaín e as larpeiradas do magosto, fagamos unha paréntese para alimentar o espíritu, e que mellor que uns poemas de Antonio Machado musicalizados por Joan Manuel Serrat: "as palabras son as velas e a música o vento que as fai voar"


LA SAETA



CANTARES




Encántame a poesía.

miércoles, 28 de octubre de 2009

Seguimos celebrando o Samaín



Dende a biblioteca "Mestres Goldar" chéganos esta presentación. Espero que vos guste tanto como a min. Parabéns para as autoras.

martes, 20 de octubre de 2009

Preparando o Samaín



Orixinal de theblackato

Esto é só o comenzo.....

Continúa a festa. Noite de defuntos.Uiii!!! Que medo!. Imos alumear cunhas cabaciñas.



Agora unha danza macabra. Animádesvos.



WNMAMAHAIE!!!!!!

sábado, 17 de octubre de 2009

Axudamos a poñer a mesa



Ao mellor, neste caso, sobra algún vaso e falta unha sobremesa coma esta...





Umm...filloas. Que ricas!

Bo proveito

sábado, 10 de octubre de 2009

O Castro de Santa Tegra



O castro de Santa Tegra cumpre coas características típicas destas poboacións: está situado estratexicamente no alto dun monte e é rodeado por unha muralla defensiva.

A situación deste castro non só era excelente defensivamente falando-visualizábase a costa e a desembocadura do río Miño-, tamén economicamente, xa que se encontraba perto dos cultivos e da zona de pesca e marisqueo.

Na muralla obérvanse dúas portas de entrada, aínda que probablemente se construísen máis.

Urbanisticamente cómpónse de construcións circulares, comunicadas con cales estreitas, lousadas e algunhas pequenas prazas. Utilízanse elementos puramente urbanísticos como as escaleiras ou muros de contención de terras.

As casas,son de pranta circular ou ovada, algunhas con vestíbulo. De fábrica de pedra e cuberta de madeira e palla cun piar central de madeira para a súa sustentación. Non tiñan vans a excepción das portas. Estas eran adinteladas e nalgunhas ocasións estes dinteis estaban decorados. Algunhas vivendas de pranta rectangular son posteriores, de influencia romana.

Habitouse desde o 1900 a.C., quedándonos poucos restos desta época, sendo os últimos habitantes e construcións da conquista romana. Abandonouse cara ao ano 68 d.C.


viernes, 9 de octubre de 2009

Muiños do Folón e do Picón (O Rosal- Pontevedra)



Os Muíños do Folón-Picón conforman un singular conxunto etnográfico, declarado BIC con categoría de lugar de interese etnográfico pola Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo da Xunta de Galicia o 22 de Xaneiro de 1998. Sitúanse nunha aba empinada aproveitando un salto de auga para o seu bo funcionamento. O seu número xira en torno a 24 exemplares colocados un sobre outro salvando un desnivel duns 75 metros de altura. O máis antigo deles data de 1700 e o máis moderno afunde as súas raíces nos mediados do século XX.

Biblioteca Dixital Mundial


Xa está dispoñible en Internet a Biblioteca Dixital Mundial, un agaxallo da UNESCO para a humanidade.

Reúne mapas, textos, fotos, gravacións e películas de todos os tempos e explica en sete idiomas as xoias e reliquias culturais de todas as bibliotecas do planeta.

Premede na imaxe para aceder a Bblioteca Dixital Mundial. Estades a entrar nun mundo emocionante.


Boas lecturas.

domingo, 27 de septiembre de 2009

O aforcado de San Xoán

Para xogar preme na imaxe. É un xogo moi sinxelo e moi divertido. Só tedes que adiviñar a palabra agochada,

Biquiños.


sábado, 12 de septiembre de 2009

Decálogo de dereitos dos nenos a escoitar contos.

1. Todo neno, sen distinción de raza, idioma ou relixión, ten dereito a escoitar os máis fermosos contos da tradición oral dos pobos, especialmente aqueles que estimulen a súa imaxinación e a súa capacidade crítica.

2. Todo neno ten dereito a esixir que os seus pais lle conten contos a calquera hora do día.

3. Todo neno que por unha ou outra razón non teña a ninguén que lle conte contos, ten absoluto dereito a pedir ao adulto da súa preferencia que llos conte, sempre e cando este demostre que o fai con amor e tenrura, que é como se contan os contos.


4. Todo neno ten dereito a escoitar contos sentado no colo dos seus avós. Aqueles que teñan vivos aos seus catro avós poderán cedelos a outros nenos que por diversas razóns non teñan avós que lles conten contos. Do mesmo xeito, aqueles avós que carezan de netos están en liberdade de acudir a escolas, parques e outros lugares de concentración infantil onde poderán contar cantos contos queiran.


5. Todo neno está no dereito de saber quen son os principais autores de contos. As persoas adultas están na obriga de poñer as súas historias ao alcance dos nenos.

6. Todo neno goza a plenitude do dereito de coñece-las fábulas, os mitos e lendas da tradición oral do seu país.


7. O neno tamén ten dereito a inventar e contar os seus propios contos, así como a modificar os xa existentes, creando a súa propia versión.

8. O neno ten dereito a esixir contos novos. Os adultos están na obriga de nutrirse permanentemente de novos e imaxinativos relatos, propios ou non, con ou sen reises, longos ou curtos... O único obrigatorio é que sexan fermosos e interesantes.

9. O neno sempre ten dereito a pedir outro conto e a pedir que lle conten un millón de veces o mesmo conto.

10. Todo neno ten dereito a medrar acompañado das aventuras de "Polgariño" e "Merlín", de aquel cabalo que era tan bonito... , e do inmortal "Había unha vez...", palabras máxicas que abren as portas da imaxinación na ruta cara os soños máis fermosos da nenez.

Asociación Colombiana del Libro Infantil (Tradución)

viernes, 4 de septiembre de 2009

Pedro e o lobo

Pedro e o lobo é un conto popular ruso para o que Sergei Prokofiev (compositor ruso-1891-1953) compuxo esta melodía.

Introdución.- Queridos nenos, nenos de todas as idades. Cada personaxe deste conto está representado por un instrumento da banda. Pedro polos instrumentos de corda. O avó, polos instrumentos graves da banda. O paxaro, pola frauta. O parrulo, polo saxofón soprano. O gato, polos clarinetes en rexistro grave. Os cazadores, cos seus disparos de fusil, polos timbais e o bombo. E o lobo, polas trompas. Así poderedes distinguir mellor aos personaxes desta historia. Pero imos xa co conto:

Érase unha vez un neno chamado Pedro. El, e o seu avó, vivían nunha cabana con xardín rodeada dunha alta parede de pedra. Detrás da parede había un gran prado e, máis alá do prado, un bosque profundo e escuro.

Unha fermosa mañá, Pedro abriu o enreixado do xardín da súa casa e saíu á verde e ancha pradería. Sobre a rama máis alta dunha frondosa árbore, estaba pousado un paxarillo que, ao ver a Pedro, piou con ledicia: “Bo día, Pedro. Por aquí todo está tranquilo.” Pronto apareceu un parrulo contoneándose. Ao ver que Pedro non pechara o enreixado sentiuse feliz e decidiu darse un chapuzón na profunda e asollada charca.

Ao ver ao parrulo, o paxarillo baixou da árbore e pousouse ao seu lado no céspede engruñándose de ombros. “Que clase de ave es ti-díxolle- que non sabes voar?”. Ao que respondeu o parrulo: “Que clase de ave es ti que non sabes nadar?”. E mergullouse na charca. E así, seguiron discutindo, o parrulo nadando no estanque e o paxaro dando brinquiños na beira.

De súpeto, algo atraeu a ollada de Pedro. Era un gato que esvaraba sixilosamente sobre o céspede. O gato pensaba para súas adentros: “O paxaro está ocupado discutindo co parrulo. Vou ver se o atrapo”. E comezou paseniñamente a achegarselle. Coidado!, dixo Pedro. E o paxaro voou ao instante ata a árbore.

Mentres, o parrulo graznaba colericamente ao gato, desde o centro do estanque, claro.O gato daba voltas e voltas arredor da árbore e pensaba: “pagará a pena rubir tan alto?, cando eu chegue o páxaro terá fuxido”.

Naquel intre saíu o avó. Estaba desgustado ao ver que Pedro fora ao prado. “A pradaría é un lugar perigoso”, dixo, “”. Pedro, non prestou atención ás palabras do seu avó. Os rapaces como el non teñen medo dos lobos. Pero o avó, tomou a Pedro da man, levouno á casa e pechou o enreixado con chave. Case non entraran, cando saíu do bosque un gran lobo gris. Dun salto, o gato rubiu á árbore.

O parrulo, cheo de pavor, saíu precipitadamente do estanque. De nada lle valeu correr. Non podería escapar das gadoupas do lobo. O lobo achegábase, achegábase, acadábao, xa. Ata que apreixouno e dun só bocado o tragou. Así pois, a situación agora era esta: o gato sentado nunha rama da árbore. O paxaro pousado noutra, non moi perto do gato. O lobo dando voltas e voltas arredor da árbore ollando aos dous con ollos lambóns. Mentres tanto, Pedro, detrás do enreixado, sen o menor temor, contemplaba todo o que estaba acontecendo.

De súpeto correu á casa, tomou unha grosa corda e ás présas virou e subiuse á tapia de pedra. Unha das ramas da árbore arredor do cal xiraba o lobo, pasaba perto do muro. Apreixándose á rama, Pedro subiuse á árbore. Entón díxolle ao paxaro: “Revolotea sobre a cabeza do lobo, pero ten cuidado de que no te alcance”. O paxaro case rozaba coas súas ás o cabeza do lobo, o cal, furioso, daba dentadas a un lado e a outro. Como lle molestou aquel pajarillo! Pero o paxaro era moi listo e o lobo nada lle puido facer.

Entrementres, Pedro fixera un lazo coa corda, e fora deixando caer suavemente ata enleala na cola do lobo. Logo, tirou con todas as súas forzas. Ao sentirse atrapado, o lobo empezou a brincar desesperadamente tratando de soltarse. Pero Pedro, atou o outro extremo da corda á árbore e os brincos do lobo só conseguiron apertala aínda máis. E foi entón cando saíron do bosque os cazadores. Seguían as pegadas do lobo disparando e dando voces.

Desde a árbore, Pedro berroulles: “Non disparedes, por favor. O paxaro e eu atrapamos ao lobo. Axudádenos a levalo ao xardín zoolóxico!”. E alá van. Imaxinadevos a procesión triunfal.

Á cabeza, Pedro. Tras el, os cazadores arrastrando ao lobo. Logo, o gato. Pechando o cortexo ía o avó. Movía o cabeza coma se dixese: “Todo estivo moi ben, pero,”. Sobre eles, revoaba o pajarillo piando jubiloso: “Que listos somos Pedro e eu! Ollade o que atrapamos!” E se escoitades con atención, poderedes oír ao parrulo graznar no ventre do lobo, xa que, coas présas, o lobo, tragarao e estaba vivo!!!!.







Como podedes comprobar, esta versión está en inglés, así tamén practicades.

Un biquiño

sábado, 29 de agosto de 2009

Hora de ler

Navegando, navegando, atopei este vídeo de Juan Berrio que é un historietista, ilustrador e fotógrafo. Segundo conta autor, esta peza fíxoa para a exposición de moleskines do quinto aniversario da librería Panta Rhei de Madrid.Como facer a partir dun caderno unha casa de papel (con tellado e todo). Prestade moita atención porque é algo máxico.




Gustouvos? Sabedes o que son os moleskines? Buscade, buscade...

Bágoas de San Lorenzo (2009)

As Perseidas
Popularmente coñecidas como Lágrimas de San Lorenzo, son unha chuvia de meteoros de actividade alta. É un dos eventos deste tipo máis populares no hemisferio norte, xa que transcorre en Agosto, mes referente en período vacacional que adoita outorgar ceos despexados.

O seu período de actividade é longo e esténdese entre o 17 de xullo e o 24 de agosto. O seu máximo este ano foi o 12 de agosto.

No caso das Perseidas, as partículas que producen o fenómeno foron producidas polo cometa 'Swift-Tuttle' que, como todos os cometas, perde masa cando se achegan ao Sol. Todos os anos sobre o 11-13 de agosto, a órbita da Terra cruza unha nube de partículas producidas por este cometa, o que produce a chuvia das Perseidas. Se prolongamos as trazas das Perseidas observadas nunha noite, todas parecen provir dunha zona situada na constelación de Perseo, de aí o seu nome.







Impresionante!

lunes, 24 de agosto de 2009

domingo, 21 de junio de 2009

The Bear



Que susto pasei!!!!


Encántanme os finais felices.


Un biquiño

viernes, 19 de junio de 2009

Mamá Cabra





O día 16 fomos ver unha actuación de Mamá Cabra. Mira polo miúdo foto a foto e comprobarás, con certa envexa sa, como cantamos e bailamos con todas as actuacións.

Estivo xenial!!!

martes, 16 de junio de 2009

Xoga con Fervello


Preme na imaxe.

Aquí deixo un xogo para que o pasedes ben, tamén no verán, e non deixedes de visitarme.



Un biquiño e boas lecturas

sábado, 13 de junio de 2009

13 Rue del Percebe



Xa hai uns días que non poñía algo bonito para os meus queridos visitantes.

Aquí tedes unha historia do que acontece na Rue do Percebe.

Se vai moi rápido podedes deter cada diapositiva premendo pausa. Tamén se pode ver en pantalla completa premendo na icona que esta ao final de todo.

Un biquiño e sorte nos exames que estades a facer.

sábado, 30 de mayo de 2009

Un peixe moi divertido



Aiiiiiiiii!!!! Canto me gustou este conto! Así, con música, con esas cores... E a vós?

Un biquiño cantareiro

A vaca Connie

Ides pasalo ben, pero que moi ben...

Premede na imaxe para entrar nos xogos.

Un biquiño

sábado, 23 de mayo de 2009

Sete Saias - Bágoas de Azar



Hai días, cando a biblioteca está en silencio, cando o rebulir de todos os nenos e nenas que me facedes compaña esvaece na noite, gústame escoitar un pouquiño de música e hoxe atopei esta melodía cun son da arpa que me leva a sentir sensacións indescriptibles.

Escoitade comigo.

Un biquiño

martes, 19 de mayo de 2009

martes, 12 de mayo de 2009

Seguimos cos contos

O parruliño feo




Carapucha vermella



Que bonitos son todos os contos! Verdade?

Un biquiño

lunes, 11 de mayo de 2009

QUEREDES XOGAR?

Xogos para todas as idades.






Querido Zoo












A porquiña urbana








Espero que o pasarades moi ben, ademais aprendendo moitas cousiñas.

Un biquiño







Semana das letras galegas

Como todos os anos por estas datas, recordamos que temos unha lingua propia, unha lingua agarimosa e que temos que utilizar sen vergoña, sen complexos, sen medo...orgullosos e orgullosas de ter o privilexio de poder expresarnos na lingua dos nosos antergos.

O grupo Migallas compuxo este rap que está incluído no seu disco "Canta Connosco" para que todos nos animemos a falar galego, a nosa lingua. Cantade e disfrutade.






Un biquiño e boas lecturas

martes, 28 de abril de 2009

sábado, 25 de abril de 2009

23 de abril día do libro

O día 23 os rapaces e rapazas de 1º foron ao museo para asistir á presentación de contos e debuxos de Pepe Carreiro, autor de "As Bolechas". Seica o pasaron moi ben e divertíronse coa facilidade que tiña Pepe para facer debuxos nun plis! plas!



Mirade que atentos están...

Ata outra, un biquiño

miércoles, 15 de abril de 2009

Folerpas de amor

Libro feito polos alumnos de infantil e primaria e presentado no salón do libro de Pontevedra. Visita dos alumnos.



Que bonito quedou o libro! Os meus parabéns.

Biquiños

sábado, 28 de marzo de 2009

A flor máis grande do mundo



Mirade o que atopei para vós. É unha historia moi fermosa.

Disfrutádea.

Biquiños

lunes, 23 de marzo de 2009

O merlo poeta



Lede estoutros:

O año Pitaño
vai no Paraño.

A cabuxa Luxa
marchou onda
a bruxa.

O coello vello
anda no cortello.

O galo ralo
rubiuse no valo.

A galiña Tiña
está na cociña.

Anda, neniña
déixaos estar
e imos xogar
coas cunchas do mar.

Estes poemiñas podedes atopalos no libro de X.M. Álvarez Blázquez

"Roseira do teu mencer"

A ver que o atopa antes...

Biquiños

martes, 17 de marzo de 2009

Novidades

Ola amiguiños e amiguiñas.

Hai novas...



En que andel estarán? Buscade ben.


Biquiños

sábado, 14 de marzo de 2009

O sapo e o raposo



No andel de Fábulas e Lendas atoparedes moitos, moitos máis...

Boas lecturas!

jueves, 12 de marzo de 2009

O libro de Chocolata



Gustouvos?. Podedes lelo na Biblioteca.

Un biquiño

Ola amigos e amigas

Sabedes que son? Non? Pois son a vosa Mascota, pero...aínda non nacín. Dixéronme que ía moito frío e que nevara moito por Lalín, por eso estou esperando ao bo tempo para presentarme, porque estou tan quentiña aqui...

Sei que estades lendo moitos libros, e que tedes "a hora de ler", gústame, gústame moito. A min lenme libros, e ás veces miro por riba dos vosos contos para ir aprendendo.

Este blog, como veredes, é para vós; para que escribades o que vos parece a biblio, os arranxos que van facendo e os libros que mais vos gustan.

Por hoxe xa está ben. Agora voume relaxar con esta fermosa melodía que puxeron no blog. Ei buscar por estos mundos a ver que atopo para vós.

Un bico e ata pronto.

Ah! comentade moito, con boa ortografía e poñendo o nome para irvos coñecendo.