domingo, 27 de febrero de 2011

SEMANA DO ENTROIDO

dDas lonxanas terras do Caribe, chegaron un ano máis o Sr. Manuel e a Sra. Xertrudis para pasar conosco esta semana de Entroido.

Como sabedes, estes dous amigos son os que nos van dicir como temos que vir vestidos cada día da semana. Estade atentos ao cartaz que poñen para que os rapaces e rapazas de 6º non nos enchan de fariña.

Dámoslle de novo a benvida ao Sr. Manuel e á Sra. Xertrudis.


Como viñan tan cansos, o primeiro que fixeron foi sentarse nos bancos do corredor. Para que se sintan máis cómodos na súa "saliña" temos que empezar a adornala.


Luns 28 : levaremos as cabezas adornadas de flores ou follas.

Martes 1: todos e todas cun raboooo ben xeitoso.

Mércores 2: Orellas de lobo, coello, can... ou uns grandes  cornos na cabeza.

Xoves 3: uns fermosos bigotes.

Venres 4: todos e todas disfrazados e festa no patio.

Estou pasando unha semana xenial!!!! Gústame o Entroido e como vides vestidos....

4 comentarios:

  1. Gustame as cousas que mandan levar pero estou desexando que queimemos aos ancians e tamén que nos disfracemos.

    ResponderEliminar
  2. Uiiiiii!!!! Non, non non. Queimar non se queiman. Están indultados e voltarán ao seu paraiso de vacacións e o vindeiro ano estarán de novo con todos nós.

    ResponderEliminar
  3. Contanta cousa que nos mandaron levar
    nonsei se prefiro a fariña


    BETITA GONZALEZ 3º

    ResponderEliminar
  4. Se xuntaramos todo pareceria que eramos... MONSTROS no cole. MARTA 3º

    ResponderEliminar