sábado, 24 de abril de 2010

CONTADAS DE NENOS E NENAS

Esta semana,como preparación para o día do libro,os alumnos e alumnas de sexto quixeron agasallar aos máis pequenos transformándose en contadores de historias. Dividíronse en cinco grupos, e cada un, ía alternando dende infantil a segundo de primaria,contando un, ou varios contos, cada día da semana na hora de ler.

Foi tal o entusiasmo, tanto dos contadores coma dos pequerrechos, que ao remate querían máis e máis, polo que haberá que pensar en repetilo con máis frecuencia.

Deixo un pequeno resumo do que aconteceu.



Música: Gustav Holst - Los Planetas (Marte)

Foi unha semana fantástisca. Moitas grazas a todas e todos os que participastes nesta experiencia. Sei de boa tinta que os nenos están esperando que voltedes.

E para os que ides de excursión quero desexarvos unha boa viaxe, pasádeo ben e portádevos moi requetebén.

Un biquiño

martes, 20 de abril de 2010

TODOS A LER

Dende a Biblioteca Milladoiro chéganos este fermoso caderno. O noso agradecemento a Olga por compartir o seu traballo.



Espero que o disfrutedes.

Bicos

sábado, 17 de abril de 2010

UN MUNDO DE ENERXÍA

A semana pasada tivemos a sorte de contar cunha exposición explicativa do funcionamento da enerxía.
O proceso de xeración dos distintos tipos de enerxía e os efectos da contaminación sobre o planeta son soamente algúns dos temas abordados pola exposición, que tamén nos achega unhas simples pautas de conducta coas que podemos poñer o noso graniño de area na misión do aforro enerxético.
Para que lembredes as explicacións da monitora aquí deixo esta presentación.


Enerxia





E por aquí un pequeno resumo da visita que realizaron os alumnos/as de 3º.


domingo, 11 de abril de 2010

RECITAL POÉTICO (Miguel Hernández)

Este venres, a biblioteca volveuse a encher de palabras, sentimentos, música, bolboretas que fan cóxegas no corazón. As alumnas e alumnos de 6º tiveron a xentileza de deleitarnos cuns fermosos poemas de Miguel Hernández coincidindo co centenario do seu nacemento.



Ravertiña quere agradecervos os bos momentos que me facedes pasar.

Un bico.