Como sabedes, os nenos e nenas de Infantil andan a traballar nun proxecto que poñeremos no blog en canto o teñan rematado.
Mentres, adiantamos cunha presentación, a visita que nos fixeron os alumnos e alumnas do Laxeiro para recrear unha continuación do Entroido e que tanto lle gustou a todos/as.
Para lembrar o ben que o pasamos na semana do Samaín. Ravertiña atopouse moi ben, moi acompañada cos debuxos tan bonitos que puxestes ao seu arredor. Moitas grazas e ata o vindeiro Samaín. Agora a preparar o magosto. Un bico de Ravertiña.