viernes, 24 de diciembre de 2010

FESTIVAL DE NADAL 2010.-1ª parte: INFANTIL



FESTIVAL DE NADAL - 2ª parte: 1º, 2º e 4º



FESTIVAL DE NADAL - 3ª parte: teatro 3º



FESTIVAL DE NADAL - 4ª parte: teatro de 5º e 6º



FESTIVAL DE NADAL - 5º parte: 5º e 6º



A Ravertiña davos a tod@s a  noraboa por achegar á biblioteca a ledicia deste festival froito da ilusión e do traballo colectivo. Ánimo e... a preparar o Entroido!

miércoles, 15 de diciembre de 2010

O PEIXE QUE SORRÍA

A Ravertiña achéganos toda a maxia oriental nestas imaxes cheas de poesía. Os peixes tamén sorríen!

sábado, 11 de diciembre de 2010

A que xogaban os nosos avós?



Ravertiña queda abraiada pola imaxinación e creatividade que
tiñan os nenos e nenas hai algúns anos. Con poucos recursos
eran capaces de facer os sus propios xoguetes. Fixádevos na
boneca feita cunha pataca, ou a reprodución en miniatura dun
 carro con todos os trebellos, o muiño de auga, o aro,
as buxainas o bufagatos e tantos outros que faltan.

Agradecemos as familias a colaboración e a paciencia para que
hoxe poidamos ver como xogaban non hai tanto tempo.

sábado, 20 de noviembre de 2010

Magosto e terceiro concurso de doces con froitos de outono

Cunha semaniña de retraso por fin chegou o día do magosto e a terceira edición do concurso de doces. Este ano foron moitos pais e nais que participaron no concurso, aínda que sei de boa tinta que moitas das tortas tamén as fixeron os rapaces e rapazas. Estaba todo rico! rico! rico! Deixo unha presentación e os distintos premios. Que arrecendo quedou na biblio...!!!!


PREMIOS:

1º Premio " sacos de filloas recheas de crema de laranxa e limón"

Lucía Carballo Valladares - 1º de Primaria.

Como houbo empate, dous segundos premios:

- "Torta de mazá con marmelada de pexego"

Aurora Couto Vidal - E.I 5 anos

- "Superbrownni"

Brais García Pol - 6º de Primaria

3º Premio "Torre de estrelas"

Nacho Xesteira Diñeiro E.I. 4 anos

O xurado tivoo moi difícil porque estaba exquisito. Gracias a todos e todas pola vosa colaboración e ata o vindeiro ano.

jueves, 18 de noviembre de 2010

Homenaxe a Rosalía de Castro no 125 aniversario da súa morte

Os alumnos e alumnas de 5º e 6º estiveron traballando a poesía de Rosalía.O resultado deste traballo culminou no recital que representaron no Salón Teatro. Aquí deixo o vídeo para que vexades o ben que o fixeron.



Parabéns a todas e todos

Bicos Ravertiña

jueves, 4 de noviembre de 2010

Día da Ciencia en Galego



FOTOS



Hoxe celebramos o Dia da Ciencia en Galego. Durante a semana as aulas enchéronse de cintas, texoiras, pegamentos, debuxos para colorear e adornar e sobre todo moito entusiasmo e ilusión. Por fin chegou o día para estrear o resultado de tanto traballo. O parque era un mar de cores ao vento, non hai máis que mirar o vídeo.
Ravertiña quere dar os parabéns polo traballo ben feito a todas e todos os que participastes.

Moitos bicos de Ravertiña

sábado, 23 de octubre de 2010

jueves, 21 de octubre de 2010

Bolsas Viaxeiras

Hoxe houbo festa na Biblioteca cos máis pequenos e pequenas do cole. Ravertiña tiña unha sopresa para todos e todas; unhas bolsas viaxeiras!!! Agora cando leven os libros da Biblio para ler na casa, usarán esas bolsas tan bonitas para levalos e traelos. Mirade que chulas están...


Boa viaxe. Bicos

martes, 28 de septiembre de 2010

Nenos da India que cantan en galego

Escoitade coma uns nenos da India cantan no noso idioma.

En Pubai-Orissa, nunha zona illada India, existe unha escola financiada por uns 280 veciños de Cangas a través da ONG Shanga. Pagan 6 euros ao mes, abondo para alimentar a un dos 500 cativos hindús no María Soliña de Asia.



Gustoume tanto que quero compartilo con todos e todas.
(Visto en varios sitios da rede, no sei cal é o orixinal).

jueves, 23 de septiembre de 2010

LECTURIL - PLUS. Recomendado por Ravertiña.

LECTURIL – PLUS
Infantil/xuvenil

-Este prospecto pretende fomentar a lectura.
-Le atentamente as instrucións.
-En caso de dúbida, consulta á bibliotecaria.

O principio activo deste medicamento baséase no probada capacidade para estimular as habilidades dos nenos e nenas tales coma o pensamento, a imaxinación a atención, a autoestima e a linguaxe.

Indicacións:
Aconséllase para exercitar o intelecto e mellorar o rendimento escolar.

Composición:
Os compoñentes dos libros desenvolven a creatividade e a imaxinación.

Contraindicacións:
A lectura pode causar entretemento, diversión, relaxación e distracción positiva.

Precaucións:
Potencia as capacidades de observación, atención e concentración.

Efectos secundarios:
Desperta inquedanza e axuda a descubrir novos horizontes.

Interacións:

O hábito da lectura combinado con outros factores educativos xenera opinión e aumenta a autoestima.

Advertencias:
Pode estimular e satisfacer a curiosidade intelectual e científica.

Posoloxía:
Un tempo de lectura diaria desenvolve a linguaxe e mellora a expresión oral e escrita.

Sobredose:
En dose elevada aumenta o vocabulario e mellora a ortografía.

Reacións:
Mesturado con outros estímulos facilita a aprendizaxe continua: Coñecemento, información e cultura.

Mantéñase perto das nenas e nenos.
Dispoñible tamén Lecturil Forte en cápsulas por capítulos.


(Visto en nosololibros e traducido por Ravertiña)

Primeiro día de clase


lunes, 21 de junio de 2010

Graduación Infantil e Sexto de Primaria

O venres, día dezaoito, celebramos a graduación dos alumnos e alumnas de Infantil(cinco anos)e os alumnas e alumnos de sexto de primaria. Aquí deixo unhas fotiñas moi chulas de todos e todas coas súas respectivas titoras.






Aos alumnos e alumnas de Infantil que suben a primaria, a miña felicitación especial e vémonos o vindeiro curso no primeiro andar.

En canto aos rapaces e rapazas de sexto...que podo dicir!!! Quedades no noso corazón e desexamos que teñades moito éxito na nova andaina que ides emprender no Instituto. Sabedes que aquí está o voso colexio para o que necesitedes.

Votarémosvos de menos.

Ravertiña quere felicitar tamén ás titoras Loli e Marisa polo seu labor e bo facer cos alumnos que agora se gradúan, sen esquecer o esforzo e ilusión que empregaron para crear un hábito lector entre os seus alumnos. Abofé que o conseguiron. Parabéns.

Moitos bicos, a descansar, felices vacacións e boas lecturas.

miércoles, 16 de junio de 2010

Escenificación dos libros de lectura

Hoxe, na biblioteca, os alumnos e alumnas de 3º e 4º de primaria, escenificaron algúns dos libros que leron durante o curso dirixidos por José Leis, Pedagogo Teatral.

A Biblioteca encheuse de personaxes, accións e países lonxanos. Foi toda unha experiencia.

Queremos dar as grazas a José por facernos pasar uns momentos inesquecibles.





Estos son os libros que escenificaron:

Terceiro:

Regreso a África
Valérie Dayre Ed, Alfaguara

El superzorroEd, Alfaguaraa
Roald Dahl - Ed, Alfaguara

Cuarto

Los niños más encantadores del mundo
Gina Ruck Puquét - Ed, Alfaguara

O segredo do pan
Pepe Cáccamo - Ed, Alfaguara

Pasámolo xenial!!!!!!!

jueves, 10 de junio de 2010

Teatro Lume

Os alumnos e alumnas de Infantil e Primeiro Ciclo de Primaria, asistiron, no salón teatro de Lalín,a unha obra de teatro representada por Teatro Babaluva. Aquí deixo unha fotiñas.





Sinopse:
Nun bosque onde viviían moitos animais algo pasou que fixo ladrar ao can...

Unha lapa chegou con ganas de facer lume e fume.

O can chamou á vaca, a vaca ao cervo, o cervo á xabarila, a xabarila á landra, a landra preocupada foi buscar ao moucho que avisou a araña. A araña que viu ao ourizo, o sapo alertou á garza que estaba comendo miñocas. A eiruga falou coa bolboreta, voluntariosas chegaron a vacaloura e o esquío. E así foi como azudándose uns aos outros prepararon un plan para apagar o lume.

Nesta proposta innovadora de teatro de obxectos, dúas titiriteiras recrean un bosque o os seus animais para contar unha historia de sensibilización medioambiental.

Neste proceso de creación participaron mulleres artistas de diversas disciplinas como o teatro, a fotografía, a música e as aartes plásticas.

Foi unha mañá estupenda, aprendemos moitas cousas e divertímonos moito.

Espero que vos gusten as fotiños que subín.

Moitos bicos

domingo, 6 de junio de 2010

Zapatillas con diseño galego



Dende Balbordo, o blog do Equipo de Normalización Lingüística do IES Auga da Laxe de Gondomar chegan estas zapatillas que son unha chulada...Deixo o enlace para que vexades máis.










E digo eu...Haberá da miña talla????

Bo comenzo de semana.

sábado, 15 de mayo de 2010

EXPOSICIÓN UXÍO NOVONEYRA

Como sabedes, durante toda a semana, estivemos traballando nesta exposición adicada ao poeta homenaxeado este ano no día das letras Galegas. Disfrutade das imaxes e da música.




Biquiños, boas lecturas e un día das Letras Galegas en galego e co galego.

LETRAS GALEGAS 2010. RECITAL UXÍO NOVONEYRA

De novo a biblioteca encheuse de sons e rimas cos poemas do "Poeta do Courel", nas voces dos alumnos e alumnas de 6º de primaria, cun auditorio que disfrutou dende o primeiro ata os últimos versos do galego que ama á súa terra.

Deixo o vídeo para que poidades lembrar este día.



Os meus parabéns. Estivo xenial!!!!!!!! Queremos máis

sábado, 24 de abril de 2010

CONTADAS DE NENOS E NENAS

Esta semana,como preparación para o día do libro,os alumnos e alumnas de sexto quixeron agasallar aos máis pequenos transformándose en contadores de historias. Dividíronse en cinco grupos, e cada un, ía alternando dende infantil a segundo de primaria,contando un, ou varios contos, cada día da semana na hora de ler.

Foi tal o entusiasmo, tanto dos contadores coma dos pequerrechos, que ao remate querían máis e máis, polo que haberá que pensar en repetilo con máis frecuencia.

Deixo un pequeno resumo do que aconteceu.



Música: Gustav Holst - Los Planetas (Marte)

Foi unha semana fantástisca. Moitas grazas a todas e todos os que participastes nesta experiencia. Sei de boa tinta que os nenos están esperando que voltedes.

E para os que ides de excursión quero desexarvos unha boa viaxe, pasádeo ben e portádevos moi requetebén.

Un biquiño

martes, 20 de abril de 2010

TODOS A LER

Dende a Biblioteca Milladoiro chéganos este fermoso caderno. O noso agradecemento a Olga por compartir o seu traballo.



Espero que o disfrutedes.

Bicos

sábado, 17 de abril de 2010

UN MUNDO DE ENERXÍA

A semana pasada tivemos a sorte de contar cunha exposición explicativa do funcionamento da enerxía.
O proceso de xeración dos distintos tipos de enerxía e os efectos da contaminación sobre o planeta son soamente algúns dos temas abordados pola exposición, que tamén nos achega unhas simples pautas de conducta coas que podemos poñer o noso graniño de area na misión do aforro enerxético.
Para que lembredes as explicacións da monitora aquí deixo esta presentación.


Enerxia





E por aquí un pequeno resumo da visita que realizaron os alumnos/as de 3º.


domingo, 11 de abril de 2010

RECITAL POÉTICO (Miguel Hernández)

Este venres, a biblioteca volveuse a encher de palabras, sentimentos, música, bolboretas que fan cóxegas no corazón. As alumnas e alumnos de 6º tiveron a xentileza de deleitarnos cuns fermosos poemas de Miguel Hernández coincidindo co centenario do seu nacemento.



Ravertiña quere agradecervos os bos momentos que me facedes pasar.

Un bico.

martes, 30 de marzo de 2010

OS TRES PORQUIÑOS

Os mais pequenos representaron o conto "DOS TRES PORQUIÑOS". Aquí deixo un adianto do que aconteceu. Fixádevos nos grandes actores e actrices que temos no cole.O vídeo á volta das vacacións.







Disfrutada destes días de vacacións.

Biquiños

viernes, 5 de marzo de 2010

Día Internacional da Muller Traballadora (8 de marzo)

O Día Internacional da Muller Traballadora (ou tamén Día Internacional da Muller) celébrase o día 8 de marzo e está recoñecido pola Organización da Nacións Unidas (ONU). Neste día conmemórase a loita da muller pola súa participación, en pé de igualdade co home, na sociedade e no seu desenvolvemento íntegro.

Ravertiña quere sumarse a esta homenaxe lembrado a todas as mulleres que loitaron para deixarnos en herdanza un mundo máis libre e máis cómodo. Queda moito por facer pero a semente está xermolando.



Vai por as nosas nais, avoas, bisavoas e todas aquelas mulleres que traballaron de sol a sol, para que hoxe, nós, podamos disfrutar da libertade que conseguiron como moitos atrancos.

miércoles, 24 de febrero de 2010

Orgullos@s do galego

Dende a Coordinadora galega de equipos de normalización lingüística, chégannos estes dous vídeos que queren transmitir:

- Que ter un lingua propia é unha SORTE, non unha desgraza, é un ORGULLO, non un problema...

- Porque hai quen se empeña en ver, ou en facer ver, o galego coma un problema, e non o é, é un motivo de ORGULLO.

- Para PRESUMIR do que somos, do que temos, do noso, para FACHANDEAR da nosa lingua.

E ese orgullo a nós xa nos vén de vello, e herdámolo de moitos que se esforzaron antes ca nós pola lingua, pero queremos que se estenda e que dure, por iso deseñamos esta campaña non como algo puntual, senón coma unha campaña que nos gustaría que fose duradeira no tempo, igual ca

o ORGULLO de ter unha lingua propia, un patrimonio que debemos conservar.

o ORGULLO por ter unha lingua de futuro que –se queremos- podemos utilizar en todos os ámbitos.

o ORGULLO por ter unha lingua que nos abre camiños á comunicación con milleiros de persoas no mundo.

o ORGULLO de ter unha lingua de noso.

Martín Rivas, Belén Regueira, Antón Reixa, Susana Seivane, Luís Tosar e María Castro están orgullos@s do galego ao 100%.



En galego, proba e verás

Coñecéronse en Nova York. Ela é galega e el brasileiro e entendéronse perfectamente porque co galego se chega a todo o mundo.



Ravertiña síntese orgullosa de ser galega.

Rosalía 125 anos despois

Poucas figuras concitan a mesma unanimidade que Rosalía de Castro. No día en que se cumpren 173 anos do seu nacemento e no ano en que sumaremos 125 anos da súa ausencia, a escritora, poeta fundadora da literatura galega contemporánea e primeira feminista da nación galega, recibirá sentidas homenaxes por todo o país. O seu compromiso, aínda vixente hoxe, é reivindicado esta semana nos colexios, nos centros culturais e nas prazas públicas dunha Galiza que a lembra con orgullo e que a reivindica como referente.

A Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) realizará este mércores unha lectura simultánea en varias cidades do país.




Ravertiña e a Biblioteca do Cole quere sumarse a esta homenaxe con este vídeo no que Lucía Pérez pon música ao seu poema "Adeus ríos...Adeus fontes"

Espero que vos guste tanto coma a min.

viernes, 12 de febrero de 2010

Entroido no Cole

Hoxe celebramos o Entroido no Cole. Aquí tedes as imaxes para que lembredes o ben que o pasamos.

Entroido



Música: Mantovani: Carnaval de Venecia.

Máis fotos:




Pasádeo ben nestes días de Entroido. Comede de todo e o réxime deixámolo para despois destas pequeñas vacacións.

Teño que dicir que me gustaron moito todos os disfraces.

lunes, 8 de febrero de 2010

El Ultimátum Evolutivo

Curto realizado por Pablo Llorens para SETEM Comunitat Valenciana.
O dilema entre "Homo consumus" y "Homo responsabilus" analizado polo Prof. Setemius dende o seu programa "Grandes Documentales Marcianos".
¡¡¡Non sexas Homo consumus!!! ¡¡¡Evoluciona!!!



Xa sabedes: consumo responsable.

Unha aperta e manzanilla para baixar o cocido de onte.

viernes, 29 de enero de 2010

Os nenos queremos Paz



Este poema chegoume sen firmar. A nena ou neno que o escribiu que me diga o nome para poder poñer o autor ou autora

Hai un remedio para o odio.
Hai un remedio para a dor.
E só son dúas palabras: PAZ e AMOR.
Non mires para outro lado,
di á inxustiza que non.
Resólveo con diálogo,
teremos un mundo mellor.

Anónimo.

A Paz ten que estar presente no día a día: nas aulas, nos corredores, no recreo, no parque, en todos os momentos da nosa vida, os trescentos sesenta e cinco días do ano.

Paz para todas e todos.

Moitos bicos e disfrutade en Paz o fin da semana.

miércoles, 20 de enero de 2010

Decálogo para ser lingüísticamente sostibles



Dende o blog olardefriancinho, chéganos esta fermosura.

Respecto, Tolerancia, Sintonía... Esas son as claves!

Recollemos aquí o froito dunha triple aportación: por unha banda, o Decálogo elaborado polos Servizos Lingüísticos das Universidades catalanas no ano 2008, co gallo do Ano Internacional das Linguas, proclamado pola O.N.U.; por outra, a tradución da nosa compañeira de PLAMBE, Adelia Troncoso, que tan xentilmente ten compartido connosco; por último, a maquetación, que é obra nosa e que esperemos que nos sirva a todos para reflexionar (olardefriancinho).

Decálogo para ser lingüísticamente sostibles

Co agradecemento de Ravertiña