Como sabedes, estes dous amigos son os que nos van dicir como temos que vir vestidos cada día da semana. Estade atentos ao cartaz que poñen para que os rapaces e rapazas de 6º non nos enchan de fariña.
Dámoslle de novo a benvida ao Sr. Manuel e á Sra. Xertrudis.
Como viñan tan cansos, o primeiro que fixeron foi sentarse nos bancos do corredor. Para que se sintan máis cómodos na súa "saliña" temos que empezar a adornala.
Luns 28 : levaremos as cabezas adornadas de flores ou follas.
Martes 1: todos e todas cun raboooo ben xeitoso.
Mércores 2: Orellas de lobo, coello, can... ou uns grandes cornos na cabeza.
Xoves 3: uns fermosos bigotes.
Venres 4: todos e todas disfrazados e festa no patio.
Estou pasando unha semana xenial!!!! Gústame o Entroido e como vides vestidos....