sábado, 5 de marzo de 2011

ENTROIDO 2011

Deixo vídeo do que aconteceu o día do Entroido. Paseino moi ben vendo tantos disfraces e tanta ledicia. Disfrutade lembrando.

domingo, 27 de febrero de 2011

SEMANA DO ENTROIDO

dDas lonxanas terras do Caribe, chegaron un ano máis o Sr. Manuel e a Sra. Xertrudis para pasar conosco esta semana de Entroido.

Como sabedes, estes dous amigos son os que nos van dicir como temos que vir vestidos cada día da semana. Estade atentos ao cartaz que poñen para que os rapaces e rapazas de 6º non nos enchan de fariña.

Dámoslle de novo a benvida ao Sr. Manuel e á Sra. Xertrudis.


Como viñan tan cansos, o primeiro que fixeron foi sentarse nos bancos do corredor. Para que se sintan máis cómodos na súa "saliña" temos que empezar a adornala.


Luns 28 : levaremos as cabezas adornadas de flores ou follas.

Martes 1: todos e todas cun raboooo ben xeitoso.

Mércores 2: Orellas de lobo, coello, can... ou uns grandes  cornos na cabeza.

Xoves 3: uns fermosos bigotes.

Venres 4: todos e todas disfrazados e festa no patio.

Estou pasando unha semana xenial!!!! Gústame o Entroido e como vides vestidos....

viernes, 25 de febrero de 2011

FEIRA DO COCIDO

E por fin chegou o día; a tradicional  Feira do Cocido que todos os anos anuncia que estamos ás portas  do Entroido. Os nenos de Infantil decoraron ao personaxe principal deste día: o porquiño. Mirade que chulos quedaron.



E agora a receita para disfrutar dun bo xantar coa familia e amigos.



Receita oficial recollida da páxina do Concello de Lalín.

Ummm...as rúas arrecenden e eso que faltan as filloas que son as que máis me gustan...

viernes, 11 de febrero de 2011

ESCUELA DE SUPERHÉROES

 E...velaquí o que andan a ler os do 3º Ciclo!  Esta escola parece máis que interesante, non si?

jueves, 10 de febrero de 2011

VER PARA LER

A semana pasada, paseando polas rúas de Lalín, atopeime con esta marabilla de escaparate. Unha moza moi amable, que se chama Gracia, pasoume estas fotos para que todos vós as poidades disfrutar. Un paxariño, díxome que esta semana ían poñer libros sobre o AMOR. Seguro que estará tan ben como as que vemos agora.



Espero que vos guste tanto como a min.

miércoles, 9 de febrero de 2011

Bajo mi cama, una estrella

   As nenas e os nenos de 3º dixéronme que disfrutaran moito coa lectura deste libro e que irían escribindo aquí as súas opinións sobre el. (Eu non sei se me atreverei a lelo... Disque hai un monstro que vive debaixo da cama...Brrrrrrrr!! Que medo!)

jueves, 27 de enero de 2011

Wangari e as árbores da paz: unha historia verdadeira.Jeanette Winter.Edicións Ekaré



"A nosa vida será mellor cando outra vez teñamos árbores".
(Wangari MAATHAI, Premio Nobel da Paz no 2004)

martes, 25 de enero de 2011

EL REINO DEL REVÉS

 A Ravertiña sabe que @s alumn@s de 3º andan a aprender este poema de Mª Elena Walsh . Así é que para facilitarlles un pouco a vida "colgou" este vídeo no blog. Pois entón..a cantar!
Rosa León - El reino del revés (canciones infantiles)