martes, 12 de abril de 2011
domingo, 27 de marzo de 2011
TRABALLO DOS MÁIS PEQUES
Como sabedes, os nenos e nenas de Infantil andan a traballar nun proxecto que poñeremos no blog en canto o teñan rematado.
Mentres, adiantamos cunha presentación, a visita que nos fixeron os alumnos e alumnas do Laxeiro para recrear unha continuación do Entroido e que tanto lle gustou a todos/as.
Mentres, adiantamos cunha presentación, a visita que nos fixeron os alumnos e alumnas do Laxeiro para recrear unha continuación do Entroido e que tanto lle gustou a todos/as.
Proxecto-chines
View more presentations or Upload your own.
Etiquetas:
Animación á lectura
miércoles, 9 de marzo de 2011
Contos para nenos que dormen deseguida
E... velaquí o novo libro que acaban de ler os de 3º. Tanto lles gustou que ata copiaron re-creando as súas marabillosas ilustracións.
Etiquetas:
Hora de ler
sábado, 5 de marzo de 2011
ENTROIDO 2011
Deixo vídeo do que aconteceu o día do Entroido. Paseino moi ben vendo tantos disfraces e tanta ledicia. Disfrutade lembrando.
Etiquetas:
Entroido
domingo, 27 de febrero de 2011
SEMANA DO ENTROIDO
dDas lonxanas terras do Caribe, chegaron un ano máis o Sr. Manuel e a Sra. Xertrudis para pasar conosco esta semana de Entroido.
Como sabedes, estes dous amigos son os que nos van dicir como temos que vir vestidos cada día da semana. Estade atentos ao cartaz que poñen para que os rapaces e rapazas de 6º non nos enchan de fariña.
Dámoslle de novo a benvida ao Sr. Manuel e á Sra. Xertrudis.

Como viñan tan cansos, o primeiro que fixeron foi sentarse nos bancos do corredor. Para que se sintan máis cómodos na súa "saliña" temos que empezar a adornala.
Luns 28 : levaremos as cabezas adornadas de flores ou follas.
Martes 1: todos e todas cun raboooo ben xeitoso.
Mércores 2: Orellas de lobo, coello, can... ou uns grandes cornos na cabeza.
Xoves 3: uns fermosos bigotes.
Venres 4: todos e todas disfrazados e festa no patio.
Estou pasando unha semana xenial!!!! Gústame o Entroido e como vides vestidos....
Etiquetas:
Animación á lectura,
Entroido
viernes, 25 de febrero de 2011
FEIRA DO COCIDO
E por fin chegou o día; a tradicional Feira do Cocido que todos os anos anuncia que estamos ás portas do Entroido. Os nenos de Infantil decoraron ao personaxe principal deste día: o porquiño. Mirade que chulos quedaron.
E agora a receita para disfrutar dun bo xantar coa familia e amigos.
Receita oficial recollida da páxina do Concello de Lalín.
Ummm...as rúas arrecenden e eso que faltan as filloas que son as que máis me gustan...
E agora a receita para disfrutar dun bo xantar coa familia e amigos.
Receita oficial recollida da páxina do Concello de Lalín.
Ummm...as rúas arrecenden e eso que faltan as filloas que son as que máis me gustan...
Etiquetas:
Animación á lectura
viernes, 11 de febrero de 2011
jueves, 10 de febrero de 2011
VER PARA LER
A semana pasada, paseando polas rúas de Lalín, atopeime con esta marabilla de escaparate. Unha moza moi amable, que se chama Gracia, pasoume estas fotos para que todos vós as poidades disfrutar. Un paxariño, díxome que esta semana ían poñer libros sobre o AMOR. Seguro que estará tan ben como as que vemos agora.
Espero que vos guste tanto como a min.
Espero que vos guste tanto como a min.
Etiquetas:
Animación á lectura
miércoles, 9 de febrero de 2011
Bajo mi cama, una estrella
As nenas e os nenos de 3º dixéronme que disfrutaran moito coa lectura deste libro e que irían escribindo aquí as súas opinións sobre el. (Eu non sei se me atreverei a lelo... Disque hai un monstro que vive debaixo da cama...Brrrrrrrr!! Que medo!)
Etiquetas:
Hora de ler
Suscribirse a:
Entradas (Atom)