Sabedes que son? Non? Pois son a vosa Mascota, pero...aínda non nacín. Dixéronme que ía moito frío e que nevara moito por Lalín, por eso estou esperando ao bo tempo para presentarme, porque estou tan quentiña aqui...
Sei que estades lendo moitos libros, e que tedes "a hora de ler", gústame, gústame moito. A min lenme libros, e ás veces miro por riba dos vosos contos para ir aprendendo.
Este blog, como veredes, é para vós; para que escribades o que vos parece a biblio, os arranxos que van facendo e os libros que mais vos gustan.
Por hoxe xa está ben. Agora voume relaxar con esta fermosa melodía que puxeron no blog. Ei buscar por estos mundos a ver que atopo para vós.
Un bico e ata pronto.
Ah! comentade moito, con boa ortografía e poñendo o nome para irvos coñecendo.
jueves, 12 de marzo de 2009
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Os nenos de primeiro gústanos moito esta cantiga, esperamos que nos poñas mais e tamen mais contos. Gústanos moito ler e ir á biblioteca.
ResponderEliminarXa o sei. Véxovos moito pola biblio e tamén sei que levades moitos libros.
ResponderEliminarSeguirei buscando moitas cousiñas para todos vós.
Ata pronto!