viernes, 9 de octubre de 2009

Muiños do Folón e do Picón (O Rosal- Pontevedra)



Os Muíños do Folón-Picón conforman un singular conxunto etnográfico, declarado BIC con categoría de lugar de interese etnográfico pola Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo da Xunta de Galicia o 22 de Xaneiro de 1998. Sitúanse nunha aba empinada aproveitando un salto de auga para o seu bo funcionamento. O seu número xira en torno a 24 exemplares colocados un sobre outro salvando un desnivel duns 75 metros de altura. O máis antigo deles data de 1700 e o máis moderno afunde as súas raíces nos mediados do século XX.

2 comentarios:

  1. Ola, Ravertiña:

    Vexo que viaxas moito por eses mundos de Deus. Vamos, que non acougas na biblio.Perdoámosche porque nos tras contigo estas fermosas "reportaxes"!
    Bico a túa man. Espero que non sexas un príncipe encantado. Gústasme máis como es agora.

    ResponderEliminar
  2. O bico fíxome cóxegas! Pero sigo sendo unha ra; unha ra - ver - tiña.

    Grazas por toda a compaña que me facedes.

    ResponderEliminar