Esta semana a Biblioteca do cole encheuse dun arrecendo especial; o arrecendo de notas musicais espallándose por todos os recunchos. Un rebulir de ritmo e melodía que se ía introducindo en todos os espacios da nosa Biblio. Ata a choiva, que nos acompañou durante estes días, semellaba bágoas de ledicia ao escoitar as melodiosas notas dos compases cos que nos deleitaron os intérpretes a todas e todos os que asistimos aos concertos.
Aquí deixo unha pequena presentación de todo o que aconteceu esta semana.
Aquí deixo unha pequena presentación de todo o que aconteceu esta semana.
Moitas grazas por participar e polos bos momentos que nos fixestes pasar.
Continuará...
Ola, Ravertiña!
ResponderEliminarVexo que estás tan emocionada -como non ías estar!- que cometiches un erro: non é Melania, é MILENA.
A verdade é que para min a biblio é o recuncho máis garimoso que temos no cole e, agora que o penso, creo que o é porque estás ti nela...Dende que naciches, todo cambiou para nós.
Marabillosa idea a da "SEMANA MUSICAL".Disfrutei tanto que estou disposta a perdoarche, e a darche mil bicos nos teus ollos de ra.
Ufff!!!!!! Que vergoña!!! Menudo erro!!! Coido que tantas emocións non son boas para as ras sensibles coma min.
ResponderEliminarPido disculpas e como verás o erro xa está correxido.
E agora a rematar o libro que estou lendo comodamente nun dos sofás de infantil.
Grazas por perdoarme: kero-kero,cra cra,brekeke,kva, croac, croac, croac!!!
Fíxádevos en cantos idiomas sei croar(e que vou á Escola de Idiomas para ras) jejeje.
Outros mil bicos.
Ola Ravertiña quería darche as grazas polas fotos,tocan todos moi pero que moi ben.Estou esperando aver cando te animas e nos tocas algo.
ResponderEliminarMoitos bicos Ravertiña
Ola...
ResponderEliminarNon sabía nada de isto, e si, un día pasareime por ahí para ver como cambiou todo.
Dende que eu marchei... xa pasou un bo tempo.
Vou seguir mirando cando poida este blog, que a verdade éncheme de lembranzas... jeje
Sáudos Ravertiña jeje
P.D Encantada de coñecerte
De nada. As fotos subinas encanta. Despois dos bos ratos que nos fixeron pasar os/as músicos e músicas, e o público tan entregado, foi un pracer poñer as fotos de todos vós.
ResponderEliminarEn canto a tocar algo, estou averiguando que é o que tocan as ras. Au mellor ata hai sorpresas.
Vexo que tivemos unha visita especial: "a zanfonista". Para os que non o saibades, "a zanfonista" é unha exalumna. Ten un blog chulísimo que recomendo. Alí veredes cousiñas moi, pero que moi interesantes. Para acceder ao blog pinchade no seu nik ou ben no enlace que puxen arriba.
Grazas pola túa visita. A ver cando nos fas unha visita e podemos escoitarte en vivo e en directo.
Bicos para todas-todos.
Ola Ravertiña as fotos que colgaches son chulísimas.A verdade e que todos tocaron moi ben.
ResponderEliminarADEUSSS
Ravertiña, o concerto da biblio foi xenial, ainda que no meu ordenador non se ven as fotos.
ResponderEliminarGústamemoito este blog, que teño que facer para seguilo?
Bicos:
BRUXA
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
ResponderEliminarQue mágoa! Bruxa que non poidas velas porque están moi ben. Mañá na Biblio podes botarlles unha olladiña.
ResponderEliminarDe momento non teño habilitada a opción de seguidores.
Unha aperta e sigue así co teu blog que está quedando precioso.
MIRADE A NOVA ENTRADA DO MEU BLOG.
ResponderEliminarBRUXA
mmm grazas, a ver se cando me dean as notas paso por ahí.
ResponderEliminarTamén grazas polo de que teño un blog, moi chulo, aínda que agora o teña un pouco abandonado.. eu sigo, pero cando no nteñ oque estudiar... jeje.
Estiven a mirar este blog enxeral ,encántame. Seguireino sempre que poida, jeje.
Saúdos a todos da miña parte
Ravertiña, isto vaise animando... non si?
ResponderEliminarMenuda tertulia !
Mil bicos
M.
Pasiño a pasiño...(neste caso saltiño a saltiño...)faixe o camiño.
ResponderEliminarPasa unha boa e relaxada fin de semana.
Bicos mil
Ola Ravertiña!!!!!!! Son Tamara, a saxofonista e quero decirche que me encantou tocar diante de todos os meus amigos, profes...
ResponderEliminarEstuven chea de ánimo polos meus compoañeiros e tamén por ti moitos bicos e..
GRAZAS POR TODAS AS COUSAS QUE FIXECHES GRAZAS!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!
Ola Tamara,que gran concerto!!! Foi unha semana máxica. Todas e todos estivestes xeniais!!!!
ResponderEliminarEsto hai que repetilo, non si? O vindeiro trimestre máis.
Biquiños e ata mañá.
Que ven que os profesores maila xunta de GALIZA nos deixaron descansarun día máis.
ResponderEliminarPola mañá nevaba que daba gusto,e na estación de autobuses... non vos digo.
Ata logo,RAVERTIÑA...
Espero que o día de vacacións sorpresa servira para ler eses libros que tedes en espera.
ResponderEliminarBoas lecturas e un bico
Digocho eu que me pasei toda a mañá sacando fotos... e pola tare estudando matemáticas, que horrible... en fin, a ver cando pos algo novo Ravertiña, porque todos estamos á espera, jeje.
ResponderEliminarVeña, deica logo
Ando niso. A ver esta fin de semana se subo algunha cousiña. Sabes que pasa?, que vós estudiades e nós temos que correxir, sería cuestión de negociar e buscar outras solucións, non che parece? jejeje
ResponderEliminarUnha aperta e moita sorte nos exames.
Xa,eu hoxe rematei os exames... Pero si, iso de correxir haberíao que solucioanr. Agora para o único que teño que estudar é para o noso festival, porque para unha vez que non em asignan a frauta... mándanme tocar o xilófono, en fin creo que lle atopei o ritmo a ese instrumento, jeje.
ResponderEliminarEu, a ver se o día das notas me achego por ahí, aínda que non sexan moi boas...
Pois xa sabes, hai que actualizar o blog, porque tamén hai moitos rapaces que esperan novas.
Bueno, adeus Ravertiña.
Ai! Como me gusta ese nome, jeje
Seguro que o fas estupendamente co xilófono. Non sabía que tiñades festival. A ver se logo subes algunha fotiño ao teu blog.
ResponderEliminarEsperámoste cos brazos abertos.
Ah! se te fixas xa temos entrada nova. Unha felicitación que nos enviou a nosa coordinadora das TIC que é moi traballadora.
Bicos