Dende a Coordinadora galega de equipos de normalización lingüística, chégannos estes dous vídeos que queren transmitir:
- Que ter un lingua propia é unha SORTE, non unha desgraza, é un ORGULLO, non un problema...
- Porque hai quen se empeña en ver, ou en facer ver, o galego coma un problema, e non o é, é un motivo de ORGULLO.
- Para PRESUMIR do que somos, do que temos, do noso, para FACHANDEAR da nosa lingua.
E ese orgullo a nós xa nos vén de vello, e herdámolo de moitos que se esforzaron antes ca nós pola lingua, pero queremos que se estenda e que dure, por iso deseñamos esta campaña non como algo puntual, senón coma unha campaña que nos gustaría que fose duradeira no tempo, igual ca
o ORGULLO de ter unha lingua propia, un patrimonio que debemos conservar.
o ORGULLO por ter unha lingua de futuro que –se queremos- podemos utilizar en todos os ámbitos.
o ORGULLO por ter unha lingua que nos abre camiños á comunicación con milleiros de persoas no mundo.
o ORGULLO de ter unha lingua de noso.
Martín Rivas, Belén Regueira, Antón Reixa, Susana Seivane, Luís Tosar e María Castro están orgullos@s do galego ao 100%.
En galego, proba e verás
Coñecéronse en Nova York. Ela é galega e el brasileiro e entendéronse perfectamente porque co galego se chega a todo o mundo.
Ravertiña síntese orgullosa de ser galega.
miércoles, 24 de febrero de 2010
Orgullos@s do galego
Etiquetas:
Animación á lectura,
Letras galegas
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Eu tamén estou orgullosa de ser galega e gústame falalo
ResponderEliminarRavertiña, ten coidado co temporal
Ola Ravertiña, quería dicirche que me parece moi interesante a mochila viaxeira e tamén todo o que colgas no blog.
ResponderEliminarGRAZAS!!!!!
Ola Ravertiña encantaronme as cousas que colgaches do galego no blog. Para min ser galega é un honor.
ResponderEliminarADEUSSSSSSSSSSSS
Ola de novo. Graza pola vosa visita. A ver se o ano que ven me mandan máis mochilas. Así podedes disfrutalas polo menos dúas veces no curso.
ResponderEliminarClaro que é un honor ser galega. Eu estou moi leda chapuzando nas charcas da nosa terriña.
Un bico para todos/as