sábado, 20 de noviembre de 2010

Magosto e terceiro concurso de doces con froitos de outono

Cunha semaniña de retraso por fin chegou o día do magosto e a terceira edición do concurso de doces. Este ano foron moitos pais e nais que participaron no concurso, aínda que sei de boa tinta que moitas das tortas tamén as fixeron os rapaces e rapazas. Estaba todo rico! rico! rico! Deixo unha presentación e os distintos premios. Que arrecendo quedou na biblio...!!!!


PREMIOS:

1º Premio " sacos de filloas recheas de crema de laranxa e limón"

Lucía Carballo Valladares - 1º de Primaria.

Como houbo empate, dous segundos premios:

- "Torta de mazá con marmelada de pexego"

Aurora Couto Vidal - E.I 5 anos

- "Superbrownni"

Brais García Pol - 6º de Primaria

3º Premio "Torre de estrelas"

Nacho Xesteira Diñeiro E.I. 4 anos

O xurado tivoo moi difícil porque estaba exquisito. Gracias a todos e todas pola vosa colaboración e ata o vindeiro ano.

2 comentarios:

  1. Eses postres teñen unha pinta estupenda!
    Seguro que estaban moi ricos.
    Bicos, Marta Vázquez Ferreiro.

    ResponderEliminar
  2. Ola Marta. Que ledicia verte por aquí!!!!Andiven ocupadiña por eso non contestei, grazas por non esquecerte deste recunchiño. Espero que todo vaia ben e teñas uns bos resultados dentro de pouquiño.
    Bicos, Ravertiña espérate

    ResponderEliminar