sábado, 20 de noviembre de 2010

Magosto e terceiro concurso de doces con froitos de outono

Cunha semaniña de retraso por fin chegou o día do magosto e a terceira edición do concurso de doces. Este ano foron moitos pais e nais que participaron no concurso, aínda que sei de boa tinta que moitas das tortas tamén as fixeron os rapaces e rapazas. Estaba todo rico! rico! rico! Deixo unha presentación e os distintos premios. Que arrecendo quedou na biblio...!!!!


PREMIOS:

1º Premio " sacos de filloas recheas de crema de laranxa e limón"

Lucía Carballo Valladares - 1º de Primaria.

Como houbo empate, dous segundos premios:

- "Torta de mazá con marmelada de pexego"

Aurora Couto Vidal - E.I 5 anos

- "Superbrownni"

Brais García Pol - 6º de Primaria

3º Premio "Torre de estrelas"

Nacho Xesteira Diñeiro E.I. 4 anos

O xurado tivoo moi difícil porque estaba exquisito. Gracias a todos e todas pola vosa colaboración e ata o vindeiro ano.

jueves, 18 de noviembre de 2010

Homenaxe a Rosalía de Castro no 125 aniversario da súa morte

Os alumnos e alumnas de 5º e 6º estiveron traballando a poesía de Rosalía.O resultado deste traballo culminou no recital que representaron no Salón Teatro. Aquí deixo o vídeo para que vexades o ben que o fixeron.



Parabéns a todas e todos

Bicos Ravertiña

jueves, 4 de noviembre de 2010

Día da Ciencia en Galego



FOTOS



Hoxe celebramos o Dia da Ciencia en Galego. Durante a semana as aulas enchéronse de cintas, texoiras, pegamentos, debuxos para colorear e adornar e sobre todo moito entusiasmo e ilusión. Por fin chegou o día para estrear o resultado de tanto traballo. O parque era un mar de cores ao vento, non hai máis que mirar o vídeo.
Ravertiña quere dar os parabéns polo traballo ben feito a todas e todos os que participastes.

Moitos bicos de Ravertiña

sábado, 23 de octubre de 2010

jueves, 21 de octubre de 2010

Bolsas Viaxeiras

Hoxe houbo festa na Biblioteca cos máis pequenos e pequenas do cole. Ravertiña tiña unha sopresa para todos e todas; unhas bolsas viaxeiras!!! Agora cando leven os libros da Biblio para ler na casa, usarán esas bolsas tan bonitas para levalos e traelos. Mirade que chulas están...


Boa viaxe. Bicos

martes, 28 de septiembre de 2010

Nenos da India que cantan en galego

Escoitade coma uns nenos da India cantan no noso idioma.

En Pubai-Orissa, nunha zona illada India, existe unha escola financiada por uns 280 veciños de Cangas a través da ONG Shanga. Pagan 6 euros ao mes, abondo para alimentar a un dos 500 cativos hindús no María Soliña de Asia.



Gustoume tanto que quero compartilo con todos e todas.
(Visto en varios sitios da rede, no sei cal é o orixinal).

jueves, 23 de septiembre de 2010

LECTURIL - PLUS. Recomendado por Ravertiña.

LECTURIL – PLUS
Infantil/xuvenil

-Este prospecto pretende fomentar a lectura.
-Le atentamente as instrucións.
-En caso de dúbida, consulta á bibliotecaria.

O principio activo deste medicamento baséase no probada capacidade para estimular as habilidades dos nenos e nenas tales coma o pensamento, a imaxinación a atención, a autoestima e a linguaxe.

Indicacións:
Aconséllase para exercitar o intelecto e mellorar o rendimento escolar.

Composición:
Os compoñentes dos libros desenvolven a creatividade e a imaxinación.

Contraindicacións:
A lectura pode causar entretemento, diversión, relaxación e distracción positiva.

Precaucións:
Potencia as capacidades de observación, atención e concentración.

Efectos secundarios:
Desperta inquedanza e axuda a descubrir novos horizontes.

Interacións:

O hábito da lectura combinado con outros factores educativos xenera opinión e aumenta a autoestima.

Advertencias:
Pode estimular e satisfacer a curiosidade intelectual e científica.

Posoloxía:
Un tempo de lectura diaria desenvolve a linguaxe e mellora a expresión oral e escrita.

Sobredose:
En dose elevada aumenta o vocabulario e mellora a ortografía.

Reacións:
Mesturado con outros estímulos facilita a aprendizaxe continua: Coñecemento, información e cultura.

Mantéñase perto das nenas e nenos.
Dispoñible tamén Lecturil Forte en cápsulas por capítulos.


(Visto en nosololibros e traducido por Ravertiña)

Primeiro día de clase