martes, 30 de marzo de 2010

OS TRES PORQUIÑOS

Os mais pequenos representaron o conto "DOS TRES PORQUIÑOS". Aquí deixo un adianto do que aconteceu. Fixádevos nos grandes actores e actrices que temos no cole.O vídeo á volta das vacacións.







Disfrutada destes días de vacacións.

Biquiños

viernes, 5 de marzo de 2010

Día Internacional da Muller Traballadora (8 de marzo)

O Día Internacional da Muller Traballadora (ou tamén Día Internacional da Muller) celébrase o día 8 de marzo e está recoñecido pola Organización da Nacións Unidas (ONU). Neste día conmemórase a loita da muller pola súa participación, en pé de igualdade co home, na sociedade e no seu desenvolvemento íntegro.

Ravertiña quere sumarse a esta homenaxe lembrado a todas as mulleres que loitaron para deixarnos en herdanza un mundo máis libre e máis cómodo. Queda moito por facer pero a semente está xermolando.



Vai por as nosas nais, avoas, bisavoas e todas aquelas mulleres que traballaron de sol a sol, para que hoxe, nós, podamos disfrutar da libertade que conseguiron como moitos atrancos.

miércoles, 24 de febrero de 2010

Orgullos@s do galego

Dende a Coordinadora galega de equipos de normalización lingüística, chégannos estes dous vídeos que queren transmitir:

- Que ter un lingua propia é unha SORTE, non unha desgraza, é un ORGULLO, non un problema...

- Porque hai quen se empeña en ver, ou en facer ver, o galego coma un problema, e non o é, é un motivo de ORGULLO.

- Para PRESUMIR do que somos, do que temos, do noso, para FACHANDEAR da nosa lingua.

E ese orgullo a nós xa nos vén de vello, e herdámolo de moitos que se esforzaron antes ca nós pola lingua, pero queremos que se estenda e que dure, por iso deseñamos esta campaña non como algo puntual, senón coma unha campaña que nos gustaría que fose duradeira no tempo, igual ca

o ORGULLO de ter unha lingua propia, un patrimonio que debemos conservar.

o ORGULLO por ter unha lingua de futuro que –se queremos- podemos utilizar en todos os ámbitos.

o ORGULLO por ter unha lingua que nos abre camiños á comunicación con milleiros de persoas no mundo.

o ORGULLO de ter unha lingua de noso.

Martín Rivas, Belén Regueira, Antón Reixa, Susana Seivane, Luís Tosar e María Castro están orgullos@s do galego ao 100%.



En galego, proba e verás

Coñecéronse en Nova York. Ela é galega e el brasileiro e entendéronse perfectamente porque co galego se chega a todo o mundo.



Ravertiña síntese orgullosa de ser galega.

Rosalía 125 anos despois

Poucas figuras concitan a mesma unanimidade que Rosalía de Castro. No día en que se cumpren 173 anos do seu nacemento e no ano en que sumaremos 125 anos da súa ausencia, a escritora, poeta fundadora da literatura galega contemporánea e primeira feminista da nación galega, recibirá sentidas homenaxes por todo o país. O seu compromiso, aínda vixente hoxe, é reivindicado esta semana nos colexios, nos centros culturais e nas prazas públicas dunha Galiza que a lembra con orgullo e que a reivindica como referente.

A Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) realizará este mércores unha lectura simultánea en varias cidades do país.




Ravertiña e a Biblioteca do Cole quere sumarse a esta homenaxe con este vídeo no que Lucía Pérez pon música ao seu poema "Adeus ríos...Adeus fontes"

Espero que vos guste tanto coma a min.

viernes, 12 de febrero de 2010

Entroido no Cole

Hoxe celebramos o Entroido no Cole. Aquí tedes as imaxes para que lembredes o ben que o pasamos.

Entroido



Música: Mantovani: Carnaval de Venecia.

Máis fotos:




Pasádeo ben nestes días de Entroido. Comede de todo e o réxime deixámolo para despois destas pequeñas vacacións.

Teño que dicir que me gustaron moito todos os disfraces.

lunes, 8 de febrero de 2010

El Ultimátum Evolutivo

Curto realizado por Pablo Llorens para SETEM Comunitat Valenciana.
O dilema entre "Homo consumus" y "Homo responsabilus" analizado polo Prof. Setemius dende o seu programa "Grandes Documentales Marcianos".
¡¡¡Non sexas Homo consumus!!! ¡¡¡Evoluciona!!!



Xa sabedes: consumo responsable.

Unha aperta e manzanilla para baixar o cocido de onte.

viernes, 29 de enero de 2010

Os nenos queremos Paz



Este poema chegoume sen firmar. A nena ou neno que o escribiu que me diga o nome para poder poñer o autor ou autora

Hai un remedio para o odio.
Hai un remedio para a dor.
E só son dúas palabras: PAZ e AMOR.
Non mires para outro lado,
di á inxustiza que non.
Resólveo con diálogo,
teremos un mundo mellor.

Anónimo.

A Paz ten que estar presente no día a día: nas aulas, nos corredores, no recreo, no parque, en todos os momentos da nosa vida, os trescentos sesenta e cinco días do ano.

Paz para todas e todos.

Moitos bicos e disfrutade en Paz o fin da semana.

miércoles, 20 de enero de 2010

Decálogo para ser lingüísticamente sostibles



Dende o blog olardefriancinho, chéganos esta fermosura.

Respecto, Tolerancia, Sintonía... Esas son as claves!

Recollemos aquí o froito dunha triple aportación: por unha banda, o Decálogo elaborado polos Servizos Lingüísticos das Universidades catalanas no ano 2008, co gallo do Ano Internacional das Linguas, proclamado pola O.N.U.; por outra, a tradución da nosa compañeira de PLAMBE, Adelia Troncoso, que tan xentilmente ten compartido connosco; por último, a maquetación, que é obra nosa e que esperemos que nos sirva a todos para reflexionar (olardefriancinho).

Decálogo para ser lingüísticamente sostibles

Co agradecemento de Ravertiña