sábado, 12 de septiembre de 2009

Decálogo de dereitos dos nenos a escoitar contos.

1. Todo neno, sen distinción de raza, idioma ou relixión, ten dereito a escoitar os máis fermosos contos da tradición oral dos pobos, especialmente aqueles que estimulen a súa imaxinación e a súa capacidade crítica.

2. Todo neno ten dereito a esixir que os seus pais lle conten contos a calquera hora do día.

3. Todo neno que por unha ou outra razón non teña a ninguén que lle conte contos, ten absoluto dereito a pedir ao adulto da súa preferencia que llos conte, sempre e cando este demostre que o fai con amor e tenrura, que é como se contan os contos.


4. Todo neno ten dereito a escoitar contos sentado no colo dos seus avós. Aqueles que teñan vivos aos seus catro avós poderán cedelos a outros nenos que por diversas razóns non teñan avós que lles conten contos. Do mesmo xeito, aqueles avós que carezan de netos están en liberdade de acudir a escolas, parques e outros lugares de concentración infantil onde poderán contar cantos contos queiran.


5. Todo neno está no dereito de saber quen son os principais autores de contos. As persoas adultas están na obriga de poñer as súas historias ao alcance dos nenos.

6. Todo neno goza a plenitude do dereito de coñece-las fábulas, os mitos e lendas da tradición oral do seu país.


7. O neno tamén ten dereito a inventar e contar os seus propios contos, así como a modificar os xa existentes, creando a súa propia versión.

8. O neno ten dereito a esixir contos novos. Os adultos están na obriga de nutrirse permanentemente de novos e imaxinativos relatos, propios ou non, con ou sen reises, longos ou curtos... O único obrigatorio é que sexan fermosos e interesantes.

9. O neno sempre ten dereito a pedir outro conto e a pedir que lle conten un millón de veces o mesmo conto.

10. Todo neno ten dereito a medrar acompañado das aventuras de "Polgariño" e "Merlín", de aquel cabalo que era tan bonito... , e do inmortal "Había unha vez...", palabras máxicas que abren as portas da imaxinación na ruta cara os soños máis fermosos da nenez.

Asociación Colombiana del Libro Infantil (Tradución)

5 comentarios:

  1. Ravertiña está completamente dacordo con este decálogo.

    Moitos bicos

    ResponderEliminar
  2. Querida Ravertiña:

    Non sabes canto me alegrou saber que decidiras, por fin, abandonar a túa "charca" e nacer.
    ¡BENVIDA AO NOSO PEQUENO-GRAN MUNDO!
    P.D.
    Por certo, gústame moito a túa bufanda vermella con insecto incluído.¿Prestarasma algún día?

    ResponderEliminar
  3. Moitísimas gracias pola benvida. A bufanda, agora que ven o frío, préstocha cando queiras, non tes mais que vir a biblio e falamos.

    Moitos biquiños

    ResponderEliminar
  4. Que alegría nos da coñecerte por fin, Ravertiña, e ver a tua cara. Dámosche nos a ti tamén a benvida ó noso colexio. Esperamos que che guste e quedes aquí moito tempo con nos.

    ResponderEliminar
  5. Ai!!!!!! canto me alegro de estar con todos e tadas vós, xa tiña gañas de quedarme nesta biblio tan chula. Agora estou moito mellor que na charca.

    Un biquiños

    ResponderEliminar