O CONCURSO DE DOCES tivo moito éxito e para o xurado foi moi difícil decidirse porque todas as sobremesas estaban para chuparse os dedos. Despois de moito saborear o xurado chegou á conclusión de que todas merecían o premio pero como había que puntuar ao final esta foi a súa decisión:
PRIMEIRO PREMIO: "pudin de pan con noces" de Yeray e Aimar Díaz Peña (2º e 1º)
SEGUNDO PREMIO: "tarta de chocolate con noces" de Brais García Pol (5º).
TERCEIRO PREMIO: "madalenas de noces" de Xabier Crespo (1º).
Mellor presentación: " tronco de castañas con baño de chocolate" de Elena e Pablo González López (6º de infantil e 3º).
Ravertiña quere agradecer a todas as nais e pais, nenos e nenas do cole a súa colaboración e sobre todo ese sabor tan doce que quedou na biblioteca e no pavillón, e que estou segura de que tardará moito en esvarecer. E xa imos polo II concurso, caramba! Como pasa o tempo! Dentro de nada a celebrar o III, xa me tarda...Que rico estaba todo!!!
Ravertiña!, agora, ata o Nadal!.... A DIETA!!! Estaba todo tan rico !!!
ResponderEliminarO problema é que teño que ir á procura da dieta das ras porque non sei cal é croac, croac, croac, mentres seguirei mirando se quedou algunha faragulla por aquí.
ResponderEliminarBicos
Hola Ravertiña son unha nena de 6º, e queria dicirche que o pasei moi ben nos xogos do magosto.Foi un placer poder axudar aos profesores. Ata logo
ResponderEliminarOla, Ravertiña:
ResponderEliminarSon a titora de 6º. Grazas por dárnolas grazas .Querémoste
Ola de novo. Fixéstelo moi ben os de 6º e que menos que agradecelo. Os pequerrechos quedaron tan encantados que xa queren recuncar. A ver que argallamos entre todos e todas para eles.
ResponderEliminarCunha titora así da gusto, non me extrana que todo saía tan ben.
E agora, co voso permiso voume deitar unha miga que morro co sono ZZZZZZZZZZZ.
Moitos bicos
Ola Ravertiña grazas por deixarnos ser os monitores dos xogos do magosto.
ResponderEliminarOs mellores. Os mellores monitores do mundo mundial sodes vós.
ResponderEliminarMoitos bicos
Grazas por deixarnos participar cos profesores nos xogos do magosto.
ResponderEliminarRavertiña, ´xa que inventaron a cor e o son na tele,poderìan poñer no ordenador o sabor, para degustar as tartas...
ResponderEliminarBRUXA
Mmmmmm! Tes toda a razón, Bruxa. Sería estupendo poder saborear de novo todas as tortas tan ricas que fixestes.
ResponderEliminarUn bico
Carai cantas cousas puxeches Ravartiña ou Lupe. Que boa pinta tiñan os postres do magosto, que pena que eu non poidera ir.
ResponderEliminarÀnxela
Ui perdòn quixen poñer Ravertiña
ResponderEliminarFoi unha mágoa que non poideras vir pero non te preocupes que o vindeiro ano faremos o III concurso e gardarémosche un cacho máis grande jejeje.
ResponderEliminarUn bico
hola ravertiña, gustoume moito a obra que colgaches, e moi bonita
ResponderEliminar¡ que boa pinta teñen os postres!
ResponderEliminar