viernes, 20 de noviembre de 2009

II CONCURSO DE DOCES

Hoxe celebramos o tan esperado magosto. Houbo de todo, xogos, competicións, castañas e tamén os doces que con tanto agarimo fixeron os nosos nenos e nenas (coido que algúns recibiron unha valiosa axuda das súas nais e pais shisss, non llo digades a ninguén).

O CONCURSO DE DOCES tivo moito éxito e para o xurado foi moi difícil decidirse porque todas as sobremesas estaban para chuparse os dedos. Despois de moito saborear o xurado chegou á conclusión de que todas merecían o premio pero como había que puntuar ao final esta foi a súa decisión:

PRIMEIRO PREMIO: "pudin de pan con noces" de Yeray e Aimar Díaz Peña (2º e 1º)


SEGUNDO PREMIO: "tarta de chocolate con noces" de Brais García Pol (5º).


TERCEIRO PREMIO: "madalenas de noces" de Xabier Crespo (1º).





Mellor presentación: " tronco de castañas con baño de chocolate" de Elena e Pablo González López (6º de infantil e 3º).



Ravertiña quere agradecer a todas as nais e pais, nenos e nenas do cole a súa colaboración e sobre todo ese sabor tan doce que quedou na biblioteca e no pavillón, e que estou segura de que tardará moito en esvarecer. E xa imos polo II concurso, caramba! Como pasa o tempo! Dentro de nada a celebrar o III, xa me tarda...Que rico estaba todo!!!

15 comentarios:

  1. Ravertiña!, agora, ata o Nadal!.... A DIETA!!! Estaba todo tan rico !!!

    ResponderEliminar
  2. O problema é que teño que ir á procura da dieta das ras porque non sei cal é croac, croac, croac, mentres seguirei mirando se quedou algunha faragulla por aquí.

    Bicos

    ResponderEliminar
  3. Hola Ravertiña son unha nena de 6º, e queria dicirche que o pasei moi ben nos xogos do magosto.Foi un placer poder axudar aos profesores. Ata logo

    ResponderEliminar
  4. Ola, Ravertiña:

    Son a titora de 6º. Grazas por dárnolas grazas .Querémoste

    ResponderEliminar
  5. Ola de novo. Fixéstelo moi ben os de 6º e que menos que agradecelo. Os pequerrechos quedaron tan encantados que xa queren recuncar. A ver que argallamos entre todos e todas para eles.

    Cunha titora así da gusto, non me extrana que todo saía tan ben.

    E agora, co voso permiso voume deitar unha miga que morro co sono ZZZZZZZZZZZ.

    Moitos bicos

    ResponderEliminar
  6. Ola Ravertiña grazas por deixarnos ser os monitores dos xogos do magosto.

    ResponderEliminar
  7. Os mellores. Os mellores monitores do mundo mundial sodes vós.

    Moitos bicos

    ResponderEliminar
  8. Grazas por deixarnos participar cos profesores nos xogos do magosto.

    ResponderEliminar
  9. Ravertiña, ´xa que inventaron a cor e o son na tele,poderìan poñer no ordenador o sabor, para degustar as tartas...

    BRUXA

    ResponderEliminar
  10. Mmmmmm! Tes toda a razón, Bruxa. Sería estupendo poder saborear de novo todas as tortas tan ricas que fixestes.

    Un bico

    ResponderEliminar
  11. Carai cantas cousas puxeches Ravartiña ou Lupe. Que boa pinta tiñan os postres do magosto, que pena que eu non poidera ir.
    Ànxela

    ResponderEliminar
  12. Foi unha mágoa que non poideras vir pero non te preocupes que o vindeiro ano faremos o III concurso e gardarémosche un cacho máis grande jejeje.

    Un bico

    ResponderEliminar
  13. hola ravertiña, gustoume moito a obra que colgaches, e moi bonita

    ResponderEliminar
  14. ¡ que boa pinta teñen os postres!

    ResponderEliminar