lunes, 21 de junio de 2010

Graduación Infantil e Sexto de Primaria

O venres, día dezaoito, celebramos a graduación dos alumnos e alumnas de Infantil(cinco anos)e os alumnas e alumnos de sexto de primaria. Aquí deixo unhas fotiñas moi chulas de todos e todas coas súas respectivas titoras.






Aos alumnos e alumnas de Infantil que suben a primaria, a miña felicitación especial e vémonos o vindeiro curso no primeiro andar.

En canto aos rapaces e rapazas de sexto...que podo dicir!!! Quedades no noso corazón e desexamos que teñades moito éxito na nova andaina que ides emprender no Instituto. Sabedes que aquí está o voso colexio para o que necesitedes.

Votarémosvos de menos.

Ravertiña quere felicitar tamén ás titoras Loli e Marisa polo seu labor e bo facer cos alumnos que agora se gradúan, sen esquecer o esforzo e ilusión que empregaron para crear un hábito lector entre os seus alumnos. Abofé que o conseguiron. Parabéns.

Moitos bicos, a descansar, felices vacacións e boas lecturas.

4 comentarios:

  1. Saímos moi guapos, pero a min véseme un pouco cansa ,non si?
    Que o pases ben, Ravertiña!!!!!!!!!!!!!!!!!
    Mil bicos!

    ResponderEliminar
  2. Vésevos a todos todas estupendos.Un pouco cansos non digo que non. Xa vai sendo horas de facer un descansiño para coller forzas e empezar con novas ilusións.

    Unha aperta moi forte e un verán relaxado.

    Ravertiña quérete moito...

    ResponderEliminar
  3. Encántame a foto, ata parecemos graduados de verdade, jaja. A verdade é que vou botar de menos o colexio.De Marta Vázquez 6º.

    Moitos bicosss, espero volver pronto.

    ResponderEliminar
  4. Nós tamén vos botaremos de menos, pero estou segura de que ides facernos moitas visitiñas.

    Moitos bicos e pasa ben estas merecidas vacacións.

    Bicos e boas lecturas

    ResponderEliminar