jueves, 10 de junio de 2010

Teatro Lume

Os alumnos e alumnas de Infantil e Primeiro Ciclo de Primaria, asistiron, no salón teatro de Lalín,a unha obra de teatro representada por Teatro Babaluva. Aquí deixo unha fotiñas.





Sinopse:
Nun bosque onde viviían moitos animais algo pasou que fixo ladrar ao can...

Unha lapa chegou con ganas de facer lume e fume.

O can chamou á vaca, a vaca ao cervo, o cervo á xabarila, a xabarila á landra, a landra preocupada foi buscar ao moucho que avisou a araña. A araña que viu ao ourizo, o sapo alertou á garza que estaba comendo miñocas. A eiruga falou coa bolboreta, voluntariosas chegaron a vacaloura e o esquío. E así foi como azudándose uns aos outros prepararon un plan para apagar o lume.

Nesta proposta innovadora de teatro de obxectos, dúas titiriteiras recrean un bosque o os seus animais para contar unha historia de sensibilización medioambiental.

Neste proceso de creación participaron mulleres artistas de diversas disciplinas como o teatro, a fotografía, a música e as aartes plásticas.

Foi unha mañá estupenda, aprendemos moitas cousas e divertímonos moito.

Espero que vos gusten as fotiños que subín.

Moitos bicos

2 comentarios:

  1. Ravertiña! a ver cando nos levas ao teatro aos outros ciclos que tamén queremos divertirnos, non si?

    ResponderEliminar
  2. Tes toda a razón do mundo. Verei que podo facer para o vindeiro curso. Disculpa que non contestara antes pero ando moi atareada metendo libros nun saquete para levar de vacacións.

    Moitos bicos

    ResponderEliminar