miércoles, 23 de diciembre de 2009

UN TRAXE ESPECIAL. REPRESENTACIÓN TEATRAL DE 6º DE PRIMARIA

Este ano a Biblioteca convertiuse en Auditorio, en Salón Teatro, nun recuncho onde todas e todos poidemos disfrutar de música, teatro, actuacións dos alumnos e alumnas cunha profesionalidade que para sí quixeran moitas actrices e actores jejeje. Para mostra, os vídeos que podedes ver coa representación completa das alumnas e alumnos de 6º de primaria.

Non podemos esquecer a todas e todos os nenos e nenas que participaron no festival.Xeniais!, Xeniais!, Xeniais!!!! E agora toca ver o teatro. Pasádeo ben.

Parabéns para a directora da obra. Sobresainte para a profe de 6º.







Xa o vin catro veces e non me canso jejeje

Boas lecturas

jueves, 17 de diciembre de 2009

FELICITACIÓN NADAL

A coordinadora das TIC (a profe Tati),envíanos esta fermosa felicitación de Nadal.




Moitas grazas, profe Tati, quedou xenial!

Boa noite e boas lecturas

sábado, 5 de diciembre de 2009

CONCERTOS NA BIBLIOTECA

Esta semana a Biblioteca do cole encheuse dun arrecendo especial; o arrecendo de notas musicais espallándose por todos os recunchos. Un rebulir de ritmo e melodía que se ía introducindo en todos os espacios da nosa Biblio. Ata a choiva, que nos acompañou durante estes días, semellaba bágoas de ledicia ao escoitar as melodiosas notas dos compases cos que nos deleitaron os intérpretes a todas e todos os que asistimos aos concertos.

Aquí deixo unha pequena presentación de todo o que aconteceu esta semana.





Moitas grazas por participar e polos bos momentos que nos fixestes pasar.

Continuará...

domingo, 29 de noviembre de 2009

O MAGOSTO

Houbo de todo: xogos, castañas, doces, campeonatos, risas, ledicia e moi bo ambiente. Só teño unha dúbida: na proba de forza entre profes e alumnos/as, quen gañou? Uns din que os profes, outros que os alumnos/as, para min que foi empate. Vós que credes?

Aquí deixo unha mostra do ben que o pasamos ese día.



Agora a preparar os exames e xa pensaremos no vindeiro magosto para que sexa tan bo coma este. E que non chova, para poder facer todos os xogos no patio.

Apertas

viernes, 20 de noviembre de 2009

II CONCURSO DE DOCES

Hoxe celebramos o tan esperado magosto. Houbo de todo, xogos, competicións, castañas e tamén os doces que con tanto agarimo fixeron os nosos nenos e nenas (coido que algúns recibiron unha valiosa axuda das súas nais e pais shisss, non llo digades a ninguén).

O CONCURSO DE DOCES tivo moito éxito e para o xurado foi moi difícil decidirse porque todas as sobremesas estaban para chuparse os dedos. Despois de moito saborear o xurado chegou á conclusión de que todas merecían o premio pero como había que puntuar ao final esta foi a súa decisión:

PRIMEIRO PREMIO: "pudin de pan con noces" de Yeray e Aimar Díaz Peña (2º e 1º)


SEGUNDO PREMIO: "tarta de chocolate con noces" de Brais García Pol (5º).


TERCEIRO PREMIO: "madalenas de noces" de Xabier Crespo (1º).





Mellor presentación: " tronco de castañas con baño de chocolate" de Elena e Pablo González López (6º de infantil e 3º).



Ravertiña quere agradecer a todas as nais e pais, nenos e nenas do cole a súa colaboración e sobre todo ese sabor tan doce que quedou na biblioteca e no pavillón, e que estou segura de que tardará moito en esvarecer. E xa imos polo II concurso, caramba! Como pasa o tempo! Dentro de nada a celebrar o III, xa me tarda...Que rico estaba todo!!!

domingo, 15 de noviembre de 2009

El Mundo del Revés - María Elena Walsh

Por primeira vez editáronse as cancións de María Elena Walsh animadas en 3D interpretadas por Katie Viqueira. Esta é a versión animada do inesquecible Reino do Revés.



EL REINO DEL REVÉS

Me dijeron que en el Reino del Revés
nada el pájaro y vuela el pez,
que los gatos no hacen miau y dicen yes
porque estudian mucho inglés.

Me dijeron que en el Reino del Revés
nadie baila con los pies,
que un ladrón es vigilante y otro es juez
y que dos y dos son tres.

Me dijeron que en el Reino del Revés
cabe un oso en una nuez,
que usan barbas y bigotes los bebés
y que un año dura un mes.

Me dijeron que en el Reino del Revés
hay un perro pekinés
que se cae para arriba y una vez
no pudo bajar después.

Me dijeron que en el Reino del Revés
un señor llamado Andrés
tiene 1.530 chimpancés
que si miras no los ves.

Me dijeron que en el Reino del Revés
una araña y un ciempies
van montados al palacio del marqués
en caballos de ajedrez.

Vamos a ver como es
el Reino del Revés.

jueves, 12 de noviembre de 2009

Os soños na gaiola

Os soños na gaiola é un fermosísimo libro do poeta, narrador e dramaturgo Manuel María, que percorre todo o mundo infantil galego. Poemas esenciais para acompañar no descubrimento do mundo, desde a natureza e a paisaxe ata os animais, as persoas e mismo as cousas que elas fabrican.

Suso Vaamonde canta algúns deses poemas. Espero que vos gusten tanto coma a min.

O RÍO



O MEU BARCO


O SOL



Lembrade que podedes atopar estes e outros poemas no andel de poesía.

Boa noite

martes, 10 de noviembre de 2009

Tempo de poesía

Entre o terrorífico Samaín e as larpeiradas do magosto, fagamos unha paréntese para alimentar o espíritu, e que mellor que uns poemas de Antonio Machado musicalizados por Joan Manuel Serrat: "as palabras son as velas e a música o vento que as fai voar"


LA SAETA



CANTARES




Encántame a poesía.